Camiño da gravación

Pois si, xa imos camiño da gravación e parece que foi onte cando empezamos con esta aventura. Aínda estamos a rematar os guións, pero xa se aproxima o momento da acción. Podedes botarlle un ollo a un anaco do guión do grupo 1 a ver que vos vai parecendo. Non imos descubrirvos o misterio, pero a historia de Benigno está inspirada na dunha anécdota do libro O Nobelo do tempo na que se reocollida moita da tradición oral do concello.

Guión Benigno

Empezamos a gravar cousiñas

Mentras o noso gión segue tomando forma, o outro día estivemos vendo algunhas cuestións estéticas das imaxes en movemento, entre outras cousas, catro cousiñas de como encadrar os planos e catro nocións para evitar os famosos “saltos de eixe”. O caso é que o tempo empeza a acompañar e saimos poñer en práctica o que aprendemos. Aquí podedes ver un vídeo co resultado. Non vos esforcedes por intentar enteder a Eva e Alejandro, así sin avisar puxéronse a falar danés e quedamos todos como estabamos…

Xa temos historias!

2ºdía

Pois si, xa temos tres historias ben interesantes, mais aínda hai que traballar sobre elas un pouquiño que isto do guión é laborioso e tamén básico. De momento non imos adiantar nada, só podemso dicirvos que as construímos entre todos e que parecen moi interesantes. Na seguinte sesión continuaremos desenvolvéndoas …

Ola mundo!

2ºdía-4

 

Presentámosvos o blog do proxecto Do conto ao cine. Este blog irémolo desenvolvendo co que fagamos na clase e con todo relacionado aos nosos proxectos.

Para empezar presentámonos, somos naronesas e naroneses aspirantes de cineastas, gústanos construír historias e decidimos facelo a partir da tradición oral que se recolleu no concello de Narón. Se queres saber algo máis sobre o proxecto mira en Sobre nós…

Tamén podes mirar os vídeos que imos vendo na aula, algunhas fotos sobre como traballamos e algunha que outra cousiña que iremos subindo.  Es libre de fedellar pola nosa casa!